O concello emite informa e compatibilidade urbanística negativo

Teo 4 de setembro do 2018. A plataforma valora positivamente as conclusións do informe de compatibilidade urbanística e os argumentos utilizados polo arquitecto municipal. A plataforma resérvase a posibilidade de reforzar ditos argumentos con outras alegacións no momento e nas instancias oportunas, no caso de que a empresa solicitante continúe insistindo na súa temeraria pretensión de instalar unha pestilente planta de residuos na Casalonga.

Agora compete á Xunta pechar este expediente, tal e como anunciou no Parlamento a conselleira de Medio Ambiente que faría no caso de que o concello emitise o informe negativo de compatibilidade urbanística, como acaba de verificarse. Este é o seguinte paso que a plataforma espera a nivel administrativo.

Pero estes trámites administrativos non supoñen para a plataforma relaxamento ningún pois a realidade segue sendo que unha empresa potente no sector dos residuos e con varias denuncias por actos contra o medio ambiente
segue a ser a propietaria de 50 hectáreas de monte na canteira de Casalonga.

A plataforma e a poboación afectada que representa continúan mobilizadas e non desbotan iniciativa ningunha ata conseguir cambios na normativa que garantan que o monte da Casalonga sexa un espazo libre de plantas de  residuos ou doutras instalacións altamente contaminantes. Seguirá loitando por todos os medios que lle permita a lei ata garantir que ningún vertedoiro será instalado.

Presentación formal da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos

  Leer en castellano  

O pasado xoves 12 de Xullo foi presentada a plataforma de xeito formal ós veciños no restaurante San Martiño. O habitual tería sido presentarse formalmente e logo iniciar a actividade pero no caso desta plataforma non puido ser así pola tremenda preocupación que alarmaba á veciñanza. Necesitaban demostrarlle á empresa responsable da planta de residuos, que non querían os seus cheiros pestilentes nin os seus lodos e augas contaminadas pegadas as súas casas e que ían facer todo o posible para evitalo.

Á presentación asistiron preto de 300 veciños que amosaron a súa preocupación e o seu apoio á plataforma.

Andaina

Domingo 17 ás 11h!
Non podedes faltar, que ata o cura cambiou a hora da misa. Non hai excusa!
Imos camiñar XUNT@S polo noso futuro e o das vindeiras xeracións!