Información sobre o proceso de alegacións ó segundo plan de restauración aberto por medio ambiente.

A Dirección Xeral de Medio Ambiente ven de abrir o 21 de Agosto de 2019 un periodo de alegacións ó proxecto de declaración ambiental do segundo plan de restauración aportado por Toysal. Este periodo está aberto ata o próximo 21 de Setembro e é previo ó periodo de alegacións que terá que abrir a Dirección Xeral de Minas tras recibir os informes sectoriais. Cada persoa que se sinta afectada directa ou indirectamente por este proxecto deberá poñer de manifesto as repercusións que o desenvolvemento desta actividade terá na contorna e na vida de cada veciño.

Na seguinte ligazón accédese á información do proxecto presentado así como a unha lapela na que facer directamente as alegacións en liña. Outra opción é facelas en papel e entregar as alegacións en calquera rexistro da Xunta ou municipal.

Se queres acceder directamente á páxina de alegacións on line fai click aquí.

Se prefires redactar as alegacións en papel para entregar nun rexistro descarga e imprime o seguinte  documento. 190912 MODELO.ALEGACIÓNS DIA

Este xoves 12 de Setembro terá lugar unha reunión informativa con tódolos veciños no restaurante San Martiño ás 20:30 para aclarar tódalas posibles dúbidas sobre as alegacións e o proceso de persoamento partícular dos veciños que así o desexen.

3 Comments

  • Carmen Midón López

    Setembro 16, 2019 at 6:41 a.m. Responder

    Este proxecto supón un tremendo foco de contaminación no concello onde traballo como mestra. Unha boa cantidade de alumnos vense afectados e é moi preocupabte que desde os gobernos non se faga nada para evitar esta aberración nun lugar tan próximo á población

  • Mónica Fernández Vidal

    Setembro 16, 2019 at 8:37 a.m. Responder

    Buenos días. Estoy totalmente en contra de este proyecto, por razones obvias. Busquen una solución a lo que para los vecinos de este concello es problema de alto calado que merma nuestra calidad de vida y la de nuestros niños. Soy profesora de la Ramallosa. Y manifiesto mi disconformidad ante tal aberración. Gracias por su atención.

  • Fernando Fernández Pena

    Setembro 16, 2019 at 3:11 p.m. Responder

    Non sera por sitios que non teñen k poler unha aqui perxudicandonos a nos,ten que haber moitos outros lugares donde non moleste a xente

Post a Comment