O concello emite informa e compatibilidade urbanística negativo

Teo 4 de setembro do 2018. A plataforma valora positivamente as conclusións do informe de compatibilidade urbanística e os argumentos utilizados polo arquitecto municipal. A plataforma resérvase a posibilidade de reforzar ditos argumentos con outras alegacións no momento e nas instancias oportunas, no caso de que a empresa solicitante continúe insistindo na súa temeraria pretensión de instalar unha pestilente planta de residuos na Casalonga.

Agora compete á Xunta pechar este expediente, tal e como anunciou no Parlamento a conselleira de Medio Ambiente que faría no caso de que o concello emitise o informe negativo de compatibilidade urbanística, como acaba de verificarse. Este é o seguinte paso que a plataforma espera a nivel administrativo.

Pero estes trámites administrativos non supoñen para a plataforma relaxamento ningún pois a realidade segue sendo que unha empresa potente no sector dos residuos e con varias denuncias por actos contra o medio ambiente
segue a ser a propietaria de 50 hectáreas de monte na canteira de Casalonga.

A plataforma e a poboación afectada que representa continúan mobilizadas e non desbotan iniciativa ningunha ata conseguir cambios na normativa que garantan que o monte da Casalonga sexa un espazo libre de plantas de  residuos ou doutras instalacións altamente contaminantes. Seguirá loitando por todos os medios que lle permita a lei ata garantir que ningún vertedoiro será instalado.

No Comments

Post a Comment