Inicio

  Leer en castellano   

 read in english

O grupo vigués Toysal pretende instalar en Teo (A Coruña) unha planta de reciclaxe para o tratamento anual dunhas 90.000 toneladas de residuos de orixe animal, xurros e lodos para a obtención de biogás e fertilizantes.

Prevista na parroquia de Calo, no espazo que anteriormente ocupou unha mina a ceo aberto en Casalonga, situaríase a tan só 400 metros dun núcleo de poboación e ocuparía uns 135.000 metros cadrados, a menos de dous quilómetros de onde viven 4.000 persoas e a uns seis doutras
50.000.

A veciñanza, alarmada e resolta a impedir por todos os medios legais a instalación, vén de constituír unha plataforma coa que intentar evitar a chegada dun proxecto que require da autorización da Xunta.

A solicitude da empresa para instalar esta planta chegou a mediados de decembro ao Concello de Teo, que requiriu máis detalles e que recibiu o proxecto a finais de xaneiro e o informe técnico en marzo. A administración local encargou outro informe, realizado pola empresa Habitaq, para comprobar o alcance das actuacións, posibles eivas e oportunidades.

A instalación situaríase nun lugar nada axeitado, achegado a núcleos de poboación poboados e cuxa calidade de vida sería degradada. produciranse numerosos riscos e afectacións varias, tanto medioambientais como socieconómicas.

O proxecto, cunha extensión equivalente a uns 14 campos de fútbol, prevé unha balsa de 7.000 metros cúbicos de capacidade para almacenar os residuos, dous gasómetros para 1.000 metros cúbicos cada un, un espazo para o lavado diario dun mínimo de 40 camións que transportarían os residuos
orgánicos e lodos á planta ou unha nave de recepción de residuos duns 2.000 metros cadrados.

A instalación desta planta tería afectacións sobre a saúde, a calidade das augas de pozos, mananciais e regos ou os olores. O cheiro vai ser pestilente varios quilómetros á redonda e é obvio que todos estes residuos van atraer gaivotas, ratas, insectos e a posibilidade de enfermidades, segundo contrastada información.

Alén disto, foron as últimas modificacións na Lei do Solo no ano 2016 as que permiten que proxectos deste tipo poidan optar a situarse en solos tan achegados a núcleos de poboación.

Entre as accións máis inminentes, cómpre preparar as alegacións para presentar ante a Xunta, que é a administración da que depende o permiso final.

Cómprelle á Plataforma explicar a cidadanía os riscos e problemas que provocaría esta planta de reciclaxe en Teo e na súa contorna.

Ese é o obxectivo desta páxina.

Ver Folleto divulgativo